Relacións afectivas e vínculos amorosos para o Botrato – Obradoiro

Ésta é unha invitación para o obradoiro de VÍNCULOS AFECTIVOS E RELACIÓNS AMOROSAS PARA O BOTRATO; un espazo vivencial teórico-práctico para mulleres que vai comezar en Compostela este vindeiro mes de marzo.

Un espazo para ver como me coloco nas miñas relacións afectivas: constrúo relacións que me desgastan e me sacan enerxías ou vínculos que me fan ben e me nutren?

Imos comprender os dinamismos dos procesos amorosos: a sedución e o namoramento, a fusión e a separación, os negociables e os innegociables…

Miraremos como construír espazo persoal e espazo compartido desde os diferentes modelos de relación. E tamén nos achegaremos aos procesos de desamor para ver como atravesar rupturas e facer despedidas.

Queremos colocarnos en relacións de botrato e así construír fermosos proxectos de amor para as nosas vidas.

Por suposto, podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres da túa vida: amigas, irmás, fillas, parellas, colegas…

Para apuntarte, chama ao 639 20 36 69 antes do luns 28 de febreiro.

Coma sempre, as prazas van ser limitadas, sobre todo tendo en conta as precaucións pola pandemia.

Unha apertiña.