Con esta sesión de obradoiro decateime de que todas somos similares, que nos pasan a todas cousas moi parecidas. Decateime que verdadeiramente non teño nada diferente que me impida nada.
A sensación cando saín do obradoiro foi como se por fin, da ferida que me atravesaba, que levaba tanto tempo aí, que me condicionaba e levaba todas as atencións… de súpeto a súa costra caese soa porque xa curou por dentro, sen que me dera conta e volvera o foco, de novo, a min mesma.
Marabilloso! Síntome ter superado moito xunto cunha moi grande liberación. Non me parece pouca cousa. Supoño que é o que tiña que aprender e é o que me levo.
Quería darche as grazas enormemente polo traballo bonito e necesario que fas. Agradézoche moito o camiñar que fixemos, de verdade. Así que, grazas de novo por toda esta etapa acompañando.
(Cristina)