Hoxe recollo un artigo de Ana Requena Aguilar aparecido este pasado 1 de maio en elDiario.es: “Es el Día de la Madre, pero podría ser el Día de la Culpa“.
Un artigo sobre maternidades, mitos e mandatos… que comeza así: “Se hai unha experiencia atravesada pola culpa é a maternidade, a dúbida sobre o que fas e como o fas, a angustia porque o que sentes non se corresponde co que se supón que deberías sentir, a certeza de que coidas como podes pero non como che gustaría…Todo deriva en culpa.”
No artigo, ademais, cítanse as obras de diferentes autoras que escribiron sobre unha realidade moi precisada de achegas fóra da perspectiva patriarcal: “El nudo materno” de Jane Lazarre, “Maternidades precarias” de Diana Olivar, “Palabra de madre” de Ibone Olza ou “Mamá desobediente” de Esther Vivas.
Para ler o artigo, podes facer clic aquí