Arquivo por meses: Xaneiro 2023

A construción da masculinidade (Vigo ) – Círculo de homes

O compañeiro Senén envía esta convocatoria a tres encontros nun Círculo de Homes ao redor de “A construción da masculinidade“. Organizados polo grupo de homes EHeh!, estes encontros van ser en Vigo, os sábados 21 de xaneiro, 18 de febreiro e 18 de marzo, en horario de 10h a 12h.

Para inscribirse hai que facelo neste formulario: https://forms.gle/PkDbhYSfRNs1dK4q6

Que regalo iniciativas coma esta! Deséxovos gran éxito!

IMG-20230118-WA0001

IMG-20230118-WA0002

Reproducimos aquí as palabras da convocatoria:

“Ola compañeiro! 

Comeza un novo ano, comeza un novo ciclo de homes EHeh!

O tema vertebral nestes tres encontros é “A construcción da masculinidade”. Haberá un espazo para traballar o que precise de ser expresado no momento, atendendo as necesidades do grupo.

Agardo que sexa do teu interese e vémonos no círculo de todalas posibilidades.

Saúde, amor e propósito.

Senén.”

Monográfico para homes sobre masculinidades e violências machistas

O compañeiro Aarón, membro do grupo de homes “Cebolos”, acaba de enviarme información sobre un “Monográfico para homes sobre masculinidades e violências machistas” que están a organizar e convocar, e que se vai desenvolver en Compostela no Centro Social A Gentahla do Pichel.

O curso, destinado a homes a partir dos 16 anos, consta de 8 sesións en horario de 10h30 a 13h30 e comeza o sábado 28 de xaneiro, cunha sesión aberta.

Para apuntarse, podes escribir a cursos@gentalha.org

Máis abaixo tedes toda a información, pero para calquera dúbida podedes chamar aos números 654 25 42 39 e 618 21 23 51

Coa ilusión de sentirme aliada no camiño de moitos homes cara atopar xeitos de vivir máis humanos para eles e para todas/os nós, para o planeta… Graciñas por iniciativas coma esta! Que teñades moito éxito!

cartazinho

Objectivos: Tomar consciência e construir colectivamente um discurso crítico, através de dinámicas e jogos corporais, arredor da construçom masculina na nossa sociedade, os privilégios associados a esta e as violências que exercemos.

Obter ferramentas para minguar as nossas violências machistas e aprender a responsabilizar-nos delas com o objectivo de nom repeti-las.

Facilitar o caminho e dar ferramentas e recursos para que as pessoas participantes, de forma individual ou colectiva, trabalhem os seus privilégios, violências e masculinidades de jeito autónomo e sostido no tempo.

Metodologias: Guiamo-nos polas metodologias da educaçom popular integrando ferramentas da facilitaçom de grupos, o teatro da oprimida, entre outras.

Programa e calendarizaçom (24h):

Bloco I (9h): Talher 1: Sábado 28 de janeiro – Sessom aberta em que nos centraremos em conhecer-nos, fazer grupo e entrarmos em matéria.

Talher II: DOMINGO 5 de fevereiro – Como é a construçom masculina. Os estereótipos masculinos que levamos dentro.

Talher III: Sábado 11 de fevereiro – A masculinidade hegemónica. Quanto tenho dela e quanto nom.

Bloco II (9h): Talher IV: Sábado 25 de fevereiro – Os privilégios. Som realmente consciente do que implica ser home?

Talher V: Sábado 4 de março – O que nos acontece quando nos acusam de machismo? (I). Porque nos resistimos e como empatizar com a pessoa agredida.

Talher VI: Sábado 11 de março – O que nos acontece quando nos acusam de machismo? (II). Como responsabilizar-nos dos nossos actos.

Bloco III (6h): Talher VII: Sábado 25 de março – O que podemos fazer para continuar o trabalho? Como priorizar a luita feminista nas nossas vidas.

Talher VIII: Sábado 1 de abril – Jeitos de organizar-nos, partilha de recursos e feche

Preço: O custe será 37 euros (pessoas associadas à A.C. Gentalha do Pichel) ou 40 euros (pessoas nom associadas) em duas quotas: fevereiro e março. Nom queremos que a questom económica seja um problema para ninguém. Facilitaremos todo o possível o fraccionamento e/ou reduçom do pago a pessoas que o precisem e queiram participar.

Autocoñecemento para o cambio – Xaneiro 2023

E para empezar o ano… un obradoiro para mulleres:  Autocoñecemento para o cambio. Será en Compostela, os domingos 29 de xaneiro, 12 e 26 de febreiro, e 12 de marzo 2023, en horario de 10h30 a 18h.

Un tempo para min, un tempo para parar, un tempo para escoitarme. Imos ver que nos gusta e que non nos gusta da nosa vida e adquirir ferramentas de transformación. Imos aprender a estar no noso corpo e a sentirnos ben na nosa pel… Imos ver como vivir desde o Botrato, re-conectadas coa nosa enerxía vital.

Para todo iso, traballaremos a nosa linguaxe corporal: autopercepción corporal e integración corporal, respiracións e relaxacións… Traballaremos o corpo da dignidade, os auto-agasallos, coidar e deixarme coidar, a familia afectiva

Queremos facer un camiño para ser donas da nosa vida… Un camiño para vivir felices e en paz coa nosa vida. Un camiño cara a unha saúde integral.

Se todo isto che resoa, se queres máis información ou queres apuntarte, chama ao 639 20 36 69 antes do xoves 19 de xaneiro.

Podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres da túa vida: amigas, parellas, irmás, fillas, colegas, veciñas…

Para facilitar a participación de todas, contaremos coma sempre con tres tipos de matrícula:  a normal (190€), a reducida para compañeiras en paro (a negociar con antelación) e a solidaria (unha matrícula voluntaria para as que queirades compartir con outras compañeiras).

Moita luz, moito botrato, moita vida para este ano que comeza… Unha apertiña.      

AutoC 023 JPG