É sorprendente ata onde somos capaces as mulleres de non valorar o noso corpo e mesmo de mancalo para responder ás modas e estereotipos dominantes, para compracer as demandas das nosas parellas masculinas e así non “quedar soas”.
Vivímolo moitas veces sen darnos moita conta, desde mensaxes e mandatos aparentemente suaves e sutís, pero que condicionan en negativo a nosa autoimaxe e moldean as nosas eleccións…
Unha noticia destes últimos días ilustra dramaticamente este grao de maltrato que, como neste caso, pode chegar a ser extremo.
Podes facer clic aquí para acceder á noticia.
A outra noticia tén que ver cunha fermosa experiencia no concello de Sober, na que Patricia González e Ana de la Torre -traballadoras sociais do concello- artellaron Inmarcesibles, unha mostra fotográfica na que participaron 25 mulleres da comarca, que se deixaron fotografar para mostrar a beleza real das mulleres que a sociedade se empeña tanto en agochar.
Se queres acceder á noticia pincha aquí