Arquivo da categoría: Recomendacións

“Círculo de Mulleres. Inspira” para mulleres entre 18 e 25 anos…

Ana Seijo Cuba, psicóloga e terapeuta Gestalt formada en Musicoterapia, Videoterapia e Arteterapia, e participante en espazos de Terapia do Reencontro, envíanos esta prometedora convocatoria para a súa divulgación. Desde Alento e en colaboración con Mandala, ela e mais Beatriz Viñal González van facilitar o espazo “Círculo de Mulleres. Inspira“, un espazo de coidado para mulleres de 18 a 25 anos.

Será os sábados 29 de marzo, 29 de abril e 27 de maio, cun retiro de remate no mes de xullo. A inscrición ata o 17 de marzo… Podes acceder ao resto da información máis abaixo.

Moito éxito para este fermoso e tan necesario proxecto, Ana!!!

IMG-20230308-WA0033IMG-20230308-WA0034  IMG-20230308-WA0035

Como inflúen no cerebro a postura corporal e as expresións do rostro…

De sempre escoitamos que tiñamos cinco sentidos: o olfato, o oído, a vista, o tacto e o gusto…

A coñecida neurocientífica Nazareth Castellanos -da que temos recollido varios artigos e videos nesta páxina- fálanos de dous sentidos dos que empeza a falar a neurociencia. Son a interocepción e propiocepción.

A interocepción ten que que ver coa información do noso propio organismo, do que lles está a pasar aos nosos órganos; unha información que lle chega ao noso cerebro e que é prioritaria para el. En concreto, fálase da importancia do corazón, da respiración, do estómago e do intestino.

A propiocepción ten que ver coa información que lle chega ao cerebro de como está o noso corpo por fóra: a postura, os xestos, as sensacións… “Se teño unha cara enfadada, o cerebro activa mecanismos de enfado… cando o corpo ten unha postura propia de estar triste, o cerebro activa mecanismos neuronais de estar triste”.

Podes ler o artigo presionando aquí

Como inflúen no cerebro a postura corporal e as expresións do rostro, ou cal é o poder dun sorriso sabémolo ben quen nos iniciamos na Terapia do Reencontro e traballamos todo isto co corpo da dignidade, coa respiración polos pes e con moitas outras ferramentas…

Valorando os nosos corpos de mulleres?

É sorprendente ata onde somos capaces as mulleres de non valorar o noso corpo e mesmo de mancalo para responder ás modas e estereotipos dominantes, para compracer as demandas das nosas parellas masculinas e así non “quedar soas”.

Vivímolo moitas veces sen darnos moita conta, desde mensaxes e mandatos aparentemente suaves e sutís, pero que condicionan en negativo a nosa autoimaxe e moldean as nosas eleccións…

Unha noticia destes últimos días ilustra dramaticamente este grao de maltrato que, como neste caso, pode chegar a ser extremo.

Podes facer clic aquí para acceder á noticia.

A outra noticia tén que ver cunha fermosa experiencia no concello de Sober, na que Patricia González e Ana de la Torre -traballadoras sociais do concello- artellaron Inmarcesibles, unha mostra fotográfica na que participaron 25 mulleres da comarca, que se deixaron fotografar para mostrar a beleza real das mulleres que a sociedade se empeña tanto en agochar.

Se queres acceder á noticia pincha aquí

 

Como inflúe o teu corpo nas túas emocións… Cóntanolo a neurocientífica Nazareth Castellanos

Este é un video que fala de como o noso corpo inflúe nas nosas emocións, algo que traballamos de diversas maneiras como uha ferramenta valiosa e sorprendente desde a Terapia do Reencontro e que Nazareth Castellanos -licenciada en Física teórica e doutora en Neurociencia pola Facultade de Medicina da Universidade Autónoma de Madrid- explica marabillosamente aquí.

Esta neurocientífica cunha ampla formación e percorrido explica con linguaxe sinxela mecanismos que ás veces nos custa comprender…

Se queres vela e escoitala, preme aquí

Tamén se achegou á neurociencia da meditación a través do seu breve e magnífico libro “El espejo del cerebro“, que che recomendamos vivamente.

Aclarándonos un pouquiño: persoa non binaria, persoa de xénero fluído, queer, trans, bisexual, pansexual, terceiro xénero…

Podemos achegarnos a algúns conceptos claves para entender dun xeito sinxelo realidades diversas en relación ao propio corpo e a como nos expresamos desde o sexo e o xénero: LGTBIQ+, queer, trans, persoa non binaria, persoa de xénero fluído, terceiro xénero, autodeterminación de xénero, heterosexual, homosexual, bisexual, pansexual…

Para acceder a este “mini-diccionario” do xornal Público pincha aquí

E para este verán, Thich Nhat Hanh…

Thich Nhat Hanh ou Thay -como lle adoita chamar a súa xente máis achegada- foi un mestre budista zen falecido recentemente, en xaneiro do 2022. Escritor, poeta e activista pola paz, foi recoñecido e venerado en todo o mundo ao longo da súa vida. Nacido en Vietnam, vivíu moitos anos en Plum Village, o mosteiro que el mesmo fundou en 1982 na Dordogne, ao sur de Francia.

Moita da filosofía e metodoloxía da Terapia do Reencontro beben nesta fonte de auguiña fresca desde o encontro de Fina Sanz Razón con Thich Nhat Hanh.

Tich foi prolífero en iniciativas sociais pola paz e tamén na escrita: ten publicados máis de cen libros sobre temas tan diversos como a economía, a paz mundial, a morte ou a meditación… Preséntovos algúns deles…

Que mellor maneira de desfrutar este verán que achegandonos as poderosas ensinanzas de Thich Nhat Hanh sempre suxestivas e nutritivas?

978840819410    978849988367   978840820077

978840823701    978841662288    978844933829

978844933330    978849988313    9788408208303

Sobre maternidades e culpas…

Hoxe recollo un artigo de Ana Requena Aguilar aparecido este pasado 1 de maio en elDiario.es: “Es el Día de la Madre, pero podría ser el Día de la Culpa“.

Un artigo sobre maternidades, mitos e mandatos… que comeza así: “Se hai unha experiencia atravesada pola culpa é a maternidade, a dúbida sobre o que fas e como o fas, a angustia porque o que sentes non se corresponde co que se supón que deberías sentir, a certeza de que coidas como podes pero non como che gustaría…Todo deriva en culpa.”

No artigo, ademais, cítanse as obras de diferentes autoras que escribiron sobre unha realidade moi precisada de achegas fóra da perspectiva patriarcal:  “El nudo materno” de Jane Lazarre, “Maternidades precarias” de Diana Olivar, “Palabra de madre” de Ibone Olza ou “Mamá desobediente” de Esther Vivas.

Para ler o artigo, podes facer clic aquí 

Hai que erotizar o Botrato!

Esta entrevista a Fina Sanz está de total actualidade a pesares de ter aparecido na Vanguardia en xaneiro do 2017.  ” O botrato é moi sutil, ten que ver coa linguaxe do corpo, cunha expresión corporal de felicidade, benestar, relaxación, pero hai que traballalo…”, “O Botrato é a forma de expresión do amor… Se non canalizamos a nosa enerxía amorosa, sentímonos frustrados, enfermos.”…

Que desfrutes das palabras da mestra da Terapia do Reencontro… igual atopas nelas algunha clave para a túa vida…

Para lela, fai click, aquí: BENTRACTAR LV

Matriz Galega, un proxecto feminista de saúde e sexualidade

Matriz Galega é un proxecto feminista e identitario, un proxecto autoxestionado e comunitario. A súa promotora, Nuria Pahino Dasilva, (que algunhas coñecedes por ter participado en obradoiros de Terapia de Reencontro) é terapeuta feminista e facilitadora de grupos, especialista en sexualidade de Terapia Gestalt e tamén está vencellada con iniciativas como o Teatro das Oprimidas ou a medicina natural.

Acaba de convocar un curso completísimo de “Ginecologia Autogestiva: Recuperando o nosso corpo-território“, un curso en liña deseñado en catro módulos, ao que vos podedes achegar na súa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/matriz.galega.1

Recéntemente o diario Nós fíxolle unha entrevista a Nuria que publicou co título: “Nuria Pahino: Matriz Galega é un proxecto incómodo que desafía o marco do feminismo máis racional”. Podedes lela no seguinte enlace: https://www.nosdiario.gal/articulo/social/nuria-pahino-matriz-galega-proxecto-incomodo-que-desafia-marco-do-feminismo-mais-racional/20210618220135123838.html

María Solinha – Unha película a non perdernos…

Vigoplan | Maria Solinha Redondela Estreno Mundial

A nova película de Ignacio Vilar: María Solinha, rodada en Cangas, Redondela, a illa de Toralla e San Martiño de Moaña estreouse este pasado xuño en Cangas e Redondela, e agora está na carteleira dalgúns dos nosos cines.

A película reconstrúe a historia de María Solinha, unha muller rica e viúva de Cangas acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no ano 1621.

Entre o elenco de actrices e actores destacan referentes do cine galego como Santi Prego, Antonio Durán ou Mabel Rivera, ademais das dúas actrices protagonistas Grial Montes e Laura Míguez, alumnas no seu tempo da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (Vigo). Tamén participaron no filme veciñas e veciños da comarca, e o propio alcalde de Cangas (Xosé Manuel Pazos) como rexedor na Inquisición.

Unha película, a un tempo deliciosa e dura, que conta dúas historias de opresión vividas por mulleres a través dun enxeñoso paralelismo entre o século XVII e o XXI.

Non vola perdades, paga a pena!!!