Os espazos que facilito desde a Terapia de Reencontro son, por un lado, as sesións individualizadas e, por outra banda, os espazos grupais:
1. SESIÓNS INDIVIDUALIZADAS
As sesións individualizadas son un espazo cálido e seguro onde facer proceso de crecemento persoal ou de parella, desde o bo trato e para o bo trato.
Nestes momentos hai sesións en Compostela e en Pontecaldelas (Pontevedra).
Para máis información, preme aquí.
2. ESPAZOS GRUPAIS
Os espazos grupais son de dous tipos: Obradoiros vivenciais teórico-prácticos e Cursos de formación dirixidos a profesionais de distintos ámbitos:
A) Os obradoiros vivencias teórico-prácticos son espazos de crecemento persoal dirixidos a mulleres, a homes, a parellas, a grupos de persoas de asociacións culturais, veciñais…
Poden ter formatos diversos: desde unha sesión de dúas ou tres horas, varias sesións de tres ou catro horas cada unha, ou un obradoiro de cinco sesións de xornada completa (cun total de 35 horas aproximadamente)…
Os principais obradoiros vivenciais teórico-prácticos convocados son:
- Autocoñecemento para o cambio
- Relacións afectivas e vínculos amorosos
- Os cambios na vida
- Confiando nas emocións
- Contos de sabedoría para a transformación e o bo trato
- Medrar en parella
- Círculos de mulleres, mulleres en círculo
- Muller e nai. Por unha maternaxe saudable e pracenteira para min e para a miña crianza
- A relación coa nai
- Meditación Corporal do Reencontro
B) Os cursos de formación están dirixidos a profesionais do ámbito da saúde, da educación, dos servizos sociais… a persoas activas do mundo do sindicalismo e da política, do feminismo, das ONG… e a calquera outros axentes sociais de institucións diversas como concellos, CIM…
Os cursos poden ter diversos formatos: desde unha sesión de dúas ou tres horas, varias sesións de tres ou catro horas cada unha, ou unha ou varias xornadas.
Os principais cursos de formación convocados son:
- Mulleres (e) profesionais. Que facemos co que sentimos
- Autoestima, igualdade e bo trato
- Escoitarme e coidarme. Traballando desde o bo trato e para o bo trato
Podes consultar aquí os obradoiros vivenciais teórico-prácticos e os cursos de formación para profesionais convocados ata o de agora.