FOTOS

A través destas fotos podes ver algo dos espazos grupais de Terapia de Reencontro, podes intuir algo do que vivimos nos obradoiros

Como apunta Fina Sanz Ramón: “As fotografías son anacos da nosa vida, a plasmación dun instante, evocación de recordos que nos fan respirar vivencias, fantasías, emocións. Nelas sentimos a necesidade de deixar constancia de quen somos, quen fomos, de amosarnos para deixar patente que existimos, que temos un lugar no mundo…” (La Fotobiografía, 21)

Estas son fotos dos obradoiros destes últimos anos… Anacos da nosa vida que publicamos co permiso das persoas que aparecen nelas… Espazos, coidados, exercicios diversos, roldas de grupo, comunicación por parellas…

Xuntas/os facemos posible esta marabillosa aventura do Reencontro desde o BoTratoGraciñas a todas e todos vós, que o facedes posible!!!

Obradoiro prevención violencia