Arquivo por meses: Abril 2015

El orgasmo de ella – El orgasmo de él

Hoxe quero compartir con vós dúas películas realizadas en Francia: El orgasmo de ella, un documental de Sophie Jeaneau do ano 2006, titulado orixinalmente “Pardon, mais c´est trop bon”, e El orgasmo de él, de Yvonne Debeaumarché, tamén do ano 2006, co título orixinal “Alors, heureux?”. Os dous, de 48 minutos de duración.

No primeiro documental, falan principalmente cinco mulleres de entre 24 e 68 anos. Falan das súas experiencias sexuais e da súa vivencia do pracer nas súas múltiples formas. Falan de como viven o orgasmo. E fanno abertamente, con naturalidade e franqueza.

No segundo documental, un grupo de homes participan nun curso, nunha granxa ao sur de Francia. É un curso para desenvolver o seu potencial orgásmico. E tamén eles falan con sinceridade e apertura das súas vivencias sexuais, confiándonos os mil e un matices do seu pracer.

Nos dous documentais entretécense as palabras das e dos protagonistas, coas análises de profesionais da sexoloxía, da socioloxía ou da psicoloxía…

Pagan a pena!