Arquivo por meses: Abril 2020

Entrevista : “Converter os coidados, o botrato, a categoría política”

A revista de ámbito estatal “Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas” preséntase a si mesma como “unha publicación de información, debate e reflexión de todo aquelo que sabemos que condiciona a vida rural, a agricultura e a alimentación. Unha revista de pensamento crítico que quere axudar a imaxinar e construír novas realidades sociais e económicas para deixar atrás o capitalismo”.

No seu último número do mes de marzo acaba de publicar unha entrevista que me fixo e que titulou “Converter os coidados, o botrato, a categoría política“.

Aínda que se realizou antes do estado de alarma provocado polo coronavirus, está agora mesmo de plena actualidade…

Se queres ler á versión íntegra en galego, podes facer click aquí.

Se queres acceder á versión abreviada en castelán, podes facer click aquí.

Encontro virtual con Yayo Herrero en tempos do coronavirus

Unha análise clara e incisiva, crítica e con perspectiva de xénero de Yayo Herrero, unha das ecofeministas máis coñecidas e recoñecidas na actualidade no estado español…

Se queres escoitar a Yayo Herrero, podes pinchar aquí desde o minuto 18:39 en diante…

Vas acceder así ao Encontro Virtual organizado por Garúa Coop este pasado domingo, día 12, no marco dos “Encuentros online sobre ecología social en tiempos de confinamiento. Repensar las reglas en período de excepción“. Para máis información sobre outros encontros nestes próximos días, podes ir a http://www.garuacoop.es ou pinchar aquí

Repirar polos pés

Queridiñas/os

Este é o exercicio de respirar polos pés que tanto vos tiña prometido… Un exercicio sinxelo para darlle permiso ao noso corpo para parar, para descansar…

Mándovolo en dúas versións, para que escollades a que mellor se adapte ao que precisades en cada momento:

1. Para facer respiracións completas, para relaxarnos ou para aliviar dores do corpo… Todo o mundo necesitamos tempos de actividade e tempos de descanso!

Ir a descargar

 2. Para axudar a durmir mellor, porque… valen máis 10 minutos de boa relaxación que unha noite de sono con tensión… Felices soños…

Ir a descargar

Pois nada, a practicalo sempre que queiras…

Apertas soleadas e primaverais…