Arquivo por meses: Xaneiro 2015

Crises e loitos. Os labirintos da vida cotiá… Un obradoiro que comezaremos para febreiro…

Crises e loitos JPEG

Este espazo serve para axudarnos a enfrontar os cambios da nosa vida… Cambios como quedar no paro, ter unha crianza, vivir unha enfermidade inesperada, facerme maior, empezar a vivir en parella, morrerme un ser querido, marchar as/os fillas/os da casa, romper coa parella… Son cambios que teñen moito de crise e ás veces de desamor… Temos sensación de perda… de que algo morre…

O obradoiro dá ferramentas para elaborar os loitos pendentes e facer despedidas. E desde aí facer camiño de transformación, abrindo novas etapas para reconectarnos coa VIDA…

Podes facer extensiva esta convocatoria a outras mulleres da túa vida que poidan estar interesadas.

Para apuntarte chama ao 639 20 36 69 antes do martes 10 de febreiro. Coma sempre, as prazas van ser limitadas.

Unha aperta.

Tareixa.

O meu corpo corre, salta, xoga, rí, pensa, sente, respira… e tamén fala!!! Vés escoitalo? Obradoiro para nenas e rapazas

Benqueridiña

Envíoche a convocatoria dun obradoiro pana nenas/rapazas de 7/8 anos a 12/13 anos. As nenas que participaron no obradoiro do ano pasado e as mulleres que as acompañaron quedaron con gañas de máis…

O meu corpo corre, salta, xoga, ri, pensa, sente, respira… e tamén fala!!! Vés escoitalo? é un obradoiro no que faremos exercicios moi sinxelos de autocoñecemento, respiracións e relaxacións, bailes e xogos… Todo para facilitar a cada nena/rapaza que poida experimentar e descubrir, aprender a escoitarse, recoñecer o seu corpo, querelo e coidalo… Xa sabes… Iso do bo trato e do autocoidado…

Vai ser un obradoiro de dous sábados: o sábado 7 de febreiro e o sábado 28 de marzo, de 16h a 20h en Compostela.

En cada sesión de catro horas teremos un primeiro momento conxunto para as nenas/rapazas e as mulleres que as acompañan, e despois un espazo paralelo: un para as nenas/rapazas e outro de diálogo para as adultas. Ao remate poñeremos en común.

Polo tanto, cada nena/rapaza ha de vir acompañada por unha muller adulta, que pode ser súa nai, unha tía, súa avoa, súa madriña, unha irmá maior, unha amiga-adulta…

A tarxeta de convocatoria é intencionadamente sinxela para que lla poidas ensinar á nena ou rapaza á que queiras invitar.

Coma noutras ocasións, podes facer extensiva esta invitación a outras nenas, rapazas e mulleres adultas que ti coñezas…

Biquiños.

   Tareixa.

Nenas e rapazas JPEG

Viva a memoria viva das mulleres!!! Honrando ás que nos precederon

Quero invitarte a recuperar a memoria das mulleres significativas da túa vida, mulleres que xa partiron e que infunden sentido á existencia, mulleres sabias, referentes para ti… Nai, avoas, irmás, madriñas, tías, amigas da alma, intelectuais, poetas, activistas, artistas, deusas, investigadoras, científicas, santas, aventureiras…

Este é un obradoiro vivencial para recordar con agradecemento e tenrura a todas esas mulleres e celebralas con alegría e paixón… Porque recoñecendo ás nosas devanceiras, recoñecémonos a nós mesmas.

Vai ser o sábado 31 de xaneiro, en Compostela. Para informarte ou inscribirte podes chamar ao 639 20 36 69 (Tareixa) antes do martes 20 de xaneiro.

Por suposto, podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres que poidan estar interesadas.

Unha apertiña e que o ano novo nos traia todo tipo de goces e bendicións.

“Non camiñas soa. Observa ás mulleres que camiñaron antes ca ti. Escoita ás que viñeron antes. Non te perderás. Senta cabo delas e mira como tecen as súas historias dentro da túa vida.” (O Tao das mulleres – Adaptación)

Tarxeta JPEG