Arquivo por meses: Maio 2016

A sexualidade en persoas con diversidade funcional – Por unha corporeidade postmoderna…Tres documentais e unha película

Tan só moi recentemente empezamos a falar da sexualidade das persoas con diversidade funcional, das súas vivencias e do que poden achegar á comprensión da sexualidade tal e como a fomos construíndo e comprendendo.

Presentamos aquí tres documentais e unha película que poden ampliar a nosa maneira de pensar os corpos e a sexualidade máis alá de cánones pechados e preestablecidos:

Yes, we fuck (Si, nós fodemos) é un documental que aborda a sexualidade en persoas con diversidade funcional. A través delas descubrimos e re-descubrimos o sexo como unha fonte de gozo, de interacción e de crecemento persoal que abre a porta á diversidade de corpos e de sexualidades… Máis abaixo, un trailer do documental.

O video Por unha corporeidad postmoderna no que Asun Pié Balaguer (autora do libro co mesmo nome) defende “outra maneira de abrir e pensar o ser humano na súa complexidade e pluralidade que non se pode pechar en ningunha definición… Abrir a sexualidade, desxenitalizada, facela explosionar… contribúe a unha idea plural de corpos… un exercicio de sexualidade aberta, sen estigmas, sen imposicións, sen estigmas heteronormativas…”.

Soledad Arnau (directora de “Acuéstate conmigo”) fala de que ela mesma, como persoa con diversidade funcional, pode ser un exemplo de corporeidade postmoderna: “as persoas que somos diferentes, incluida a diversidade funcional, temos a mesma cabida… Isto pode aportar en positivo incluír as sexualidades diferentes, disidentes, subversivas. Son tan boas e tan válidas coma calquera outra…”

Finalmente, Antonio Centeno (co-director de Yes, we fuck) fala da corporeidade postmoderna como “aquela que mira o corpo máis alá da realidade física do corpo… máis alá da razón cartesiana que se outorgou o poder de escribir o mundo dun xeito único… aporta unha ferramenta moi potente para disolver dous mitos que configuran a idea da discapacidade:  o mito da normalidade (pensar que hai algo que é normal) e o da autosuficiencia (pensar que hai individuos que poden organizar a súa existencia sen contar cos e coas demais)… A corporeidade postmoderna apela á diversidade e a interdependencia… ao corpo, ao sensible como lugar de encontro…”

E o video Asistencia sexual, una figura en construcción no que se aborda o contido da Xornada co mesmo título, realizada na Facultat de Dret (facultade de Dereito) da universidade de Barcelona o pasado 30 de xuño do 2015.

Con esta mesma temática, recomendamos a fermosa película norteamericana Las sesiones (do director Ben Lewin, 2012). Esta película, baseada en feitos reais, relata a relación entre unha substituta (ou asistenta) sexual e un home tetrapléxico e cun pulmón de aceiro que vai descubrindo o seu corpo e o pracer da sexualidade a través dela.

 

Master de Autocoñecemento, Sexualidade e Relacións Humanas en Terapia de Reencontro – Madrid

Benqueridas compañeiras e compañeiros

Reenvíovos a convocatoria para a 12 edición do “Master de Autoconocimiento, Sexualidad y Relaciones Humanas en TR” que comeza en Madrid en decembro deste ano. Son dous anos de traballo persoal creativo e liberador…

Programa Master 2016-2018

Se te queres achegar aos contidos do master ou inscribirte, tamén podes facelo na páxina web do Instituto de Terapia de Reencontro:

Limiar – Outubro 2015

 

Exercitar-se no prazer é re-descubrir o caminho que nos leva a uma fonte de poder e auto-conhecimento

Mari e Mai, compañeiras que participaron con nós nalgúns obradoiros de Terapia de Reencontro, mandan esta atraínte convocatoria que pasamos a divulgar co desexo fondo de que o pracer, o poder e o autocoñecemento das mulleres se vaian facendo cada día máis realidade no noso país, no noso planeta:

“Exercitar-se no prazer é re-descubrir o caminho que nos leva a uma fonte de poder e auto-conhecimento.”

O próximo sábado convidamos-te a partilhar um espaço de crescimento erótico. Um tempo para trabalhar, desde a confiança e a afetividade, a nossa relaçao com o deleite e com a vida (mais informação ao final do email).

sexualidade é unha das bases da nosa personalidade, forma parte de nós. Explorala e coñecernos máis ábrenos posibilidades fortalecedoras e pracenteiras. 

Nestes obradoiros abordarémola como parte da nosa identidade, así como da relación de amor e pracer con nós mesmas e con outrxs.

*Obradoiros abertos a mulleres de calquera vivencia sexual e orientación:
[11 – 13:30h] (Re)Construíndo a nosa erótica | Mai Insua
[16:30 – 19:30h] Vivenciando o pracer | Mari Fidalgo

Xornada completa: 40 euros
1 obradoiro: 25 euros
*Posibilidade de bolsa

Toda a información e contidos:

https://lesbicascreando.wordpress.com/2016/04/28/obradoiros-empoderamento-erotico/
En facebookhttps://www.facebook.com/events/1568125660146645/
+info e inscricións: lesbicascreando@gmail.com

Lésbicas Creando
Empoderamento | Acción Social e Artística
Mai Insua 625535705

Contos de sabedoría para a transformación e o bo trato. Obradoiro en Compostela para o mes de maio

Encántame ofrecervos este novo espazo para o noso crecemento!!!

Os contos de sabedoría son contos especiais que transmiten ferramentas valiosas para contactar coa nosa nena interior e facerlle unha maternaxe amorosa desde as nosas subpersonalidades nutridoras. Con eles atravesamos a ferida da alma e facemos camiño de resiliencia nas nosas vidas.

Desta volta axudarannos dous contos: A panteira que non sabía quen era e Pintando o arco da vella… O primeiro fala de como construír a nosa orixinalidade desde a diversidade de identidades, e o segundo de como atopar e recoñecer o sentido da propia vida.

Será en Compostela, o sábado 21, o domingo 22 (media xornada) e o sábado 28 de maio.

O prazo de inscrición é ata o xoves 12 de maio e, coma sempre, as prazas van ser limitadas.

 

Convocatoria JPEG