Arquivo por meses: Maio 2017

Confiando nas emocións – Obradoiro en Compostela

Benqueridiñas

Envíovos a convocatoria a un obradoiro que leva por título: Sen partir, a muller sabia empeza a súa viaxe. CONFIANDO NAS SÚAS EMOCIÓNS comprende sen esforzo (un dos versos do libro El Tao de las mujeres, de Pamela K. Metz e Jacqueline L. Tobin, da editorial Gaia).

Vai ser un espazo para conectar coas nosas emocións: coa tristura, o enfado e a rabia, o medo, a satisfacción, a culpa, o amor, a vergonza, a alegría, a dor… Un espazo para mirar con tranquilidade as nosas emocións, permitirnos sentilas, recoñecelas con paz e aprender a deixalas ir. É unha ruta de autocoñecemento para o cambio, desde a aceptación de como estamos en cada momento.

Podedes facer extensiva esta invitación a outras mulleres da vosa vida que poidan estar interesadas.

Para apuntarse, cómpre chamar antes do martes 06 de xuño.

Poder, género e feminismo na Gentalha do Pichel

“Poder, Género e Feminismo: transformando as relaçons e os coidados nos grupos”.

Mar Cendón, María Rosendo e Mari Fidalgo convocánnos a este “obradoiro dirixido a todas as persoas e colectivos interesados em melhorar a conciência pessoal e colectiva sobre este tema, en como afecta as relaçons e dinámicas dos grupos e na melhora do seu clima e funcionamento”. Será o sábado 3 de xuño e o domingo 4 de xuño en Compostela, na Gentalha do Pichel.

Para máis información pincha aquí.

 

Ulises e a nena durmida. Peza de danza e teatro…

Olga mándanos este correo-e cunha invitación moi, pero que moi apetecible:

“Amanhá a minha amiga e companheira Ánxela Blanco re-estreia Ulises e a nena durmida, umha peça de dança, teatro, voz e muito corpo para revisitar o mito de Ulises.

É falar desde outras linguagens, do género, da identidade, do amor, e das histórias que nos contárom tantas vezes, e que acabam formando parte do que somos e o jeito que temos de nos relacionar.

Ulises e a nena durmida – Segunda Travesía

Lembrei-me de vós ontem vendo o ensaio, porque parece que a fixera para o curso de Autoconhecimento para o cambio. Outros referentes, nom era que buscávamos?

Enfim, por se vos presta como auto-agasalho, a cita é o 20 de maio no Teatro Rosalia da Corunha.

Apertas a mares, e querede-vos muito.”