Arquivo da categoría: Xornadas de interese

A construción da masculinidade (Vigo ) – Círculo de homes

O compañeiro Senén envía esta convocatoria a tres encontros nun Círculo de Homes ao redor de “A construción da masculinidade“. Organizados polo grupo de homes EHeh!, estes encontros van ser en Vigo, os sábados 21 de xaneiro, 18 de febreiro e 18 de marzo, en horario de 10h a 12h.

Para inscribirse hai que facelo neste formulario: https://forms.gle/PkDbhYSfRNs1dK4q6

Que regalo iniciativas coma esta! Deséxovos gran éxito!

IMG-20230118-WA0001

IMG-20230118-WA0002

Reproducimos aquí as palabras da convocatoria:

“Ola compañeiro! 

Comeza un novo ano, comeza un novo ciclo de homes EHeh!

O tema vertebral nestes tres encontros é “A construcción da masculinidade”. Haberá un espazo para traballar o que precise de ser expresado no momento, atendendo as necesidades do grupo.

Agardo que sexa do teu interese e vémonos no círculo de todalas posibilidades.

Saúde, amor e propósito.

Senén.”

Monográfico para homes sobre masculinidades e violências machistas

O compañeiro Aarón, membro do grupo de homes “Cebolos”, acaba de enviarme información sobre un “Monográfico para homes sobre masculinidades e violências machistas” que están a organizar e convocar, e que se vai desenvolver en Compostela no Centro Social A Gentahla do Pichel.

O curso, destinado a homes a partir dos 16 anos, consta de 8 sesións en horario de 10h30 a 13h30 e comeza o sábado 28 de xaneiro, cunha sesión aberta.

Para apuntarse, podes escribir a cursos@gentalha.org

Máis abaixo tedes toda a información, pero para calquera dúbida podedes chamar aos números 654 25 42 39 e 618 21 23 51

Coa ilusión de sentirme aliada no camiño de moitos homes cara atopar xeitos de vivir máis humanos para eles e para todas/os nós, para o planeta… Graciñas por iniciativas coma esta! Que teñades moito éxito!

cartazinho

Objectivos: Tomar consciência e construir colectivamente um discurso crítico, através de dinámicas e jogos corporais, arredor da construçom masculina na nossa sociedade, os privilégios associados a esta e as violências que exercemos.

Obter ferramentas para minguar as nossas violências machistas e aprender a responsabilizar-nos delas com o objectivo de nom repeti-las.

Facilitar o caminho e dar ferramentas e recursos para que as pessoas participantes, de forma individual ou colectiva, trabalhem os seus privilégios, violências e masculinidades de jeito autónomo e sostido no tempo.

Metodologias: Guiamo-nos polas metodologias da educaçom popular integrando ferramentas da facilitaçom de grupos, o teatro da oprimida, entre outras.

Programa e calendarizaçom (24h):

Bloco I (9h): Talher 1: Sábado 28 de janeiro – Sessom aberta em que nos centraremos em conhecer-nos, fazer grupo e entrarmos em matéria.

Talher II: DOMINGO 5 de fevereiro – Como é a construçom masculina. Os estereótipos masculinos que levamos dentro.

Talher III: Sábado 11 de fevereiro – A masculinidade hegemónica. Quanto tenho dela e quanto nom.

Bloco II (9h): Talher IV: Sábado 25 de fevereiro – Os privilégios. Som realmente consciente do que implica ser home?

Talher V: Sábado 4 de março – O que nos acontece quando nos acusam de machismo? (I). Porque nos resistimos e como empatizar com a pessoa agredida.

Talher VI: Sábado 11 de março – O que nos acontece quando nos acusam de machismo? (II). Como responsabilizar-nos dos nossos actos.

Bloco III (6h): Talher VII: Sábado 25 de março – O que podemos fazer para continuar o trabalho? Como priorizar a luita feminista nas nossas vidas.

Talher VIII: Sábado 1 de abril – Jeitos de organizar-nos, partilha de recursos e feche

Preço: O custe será 37 euros (pessoas associadas à A.C. Gentalha do Pichel) ou 40 euros (pessoas nom associadas) em duas quotas: fevereiro e março. Nom queremos que a questom económica seja um problema para ninguém. Facilitaremos todo o possível o fraccionamento e/ou reduçom do pago a pessoas que o precisem e queiram participar.

Programa de Mindfulness e Compaixón

Benqueridxs

Mándovos esta convocatoria do Programa de Mindfulness e Compaixón que fai o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e que apoia o que imos traballando en Terapia de Reencontro… É un curso en liña e de balde.

O prazo para apuntarse remata este vindeiro venres 23 de setembro

Para máis información, preme aquí

Contos de Sabedoría para a resiliencia – Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo fainos chegar a súa convocatoria ao XI Encontro de Mulleres, que vai ser en Panxón (Pontevedra) o venres 30 de setembro e sábado 1 de outubro.

Aí facilitarei o espazo “Contos de sabedoría para a resiliencia” e tamén haberá posibilidade de participar en obradoiros doutras compañeiras.

Para máis información e tamén para apuntarse, preme aquí

Obradoiro: Corpos enfermos, a enfermidade como lugar de poder e vulnerabilidade

María Rosende, facilitadora en traballo de procesos desde unha ollada feminista e moi querida compañeira, propón un obradoiro para persoas que transitan enfermidades crónicas.

Será en liña o vindeiro sábado 29 de xaneiro.

Para máis información sobre a facilitadora e o espazo proposto, podes entrar no seguinte enlace: https://www.trabajodeprocesos.net/es/event/taller-cuerpos-enfermos-la-enfermedad-como-lugar-de-poder-y-vulnerabilidad/

Xornada: Saúde e benestar das mulleres – Cabanas, venres 5 de novembro

“Dende a Concellería de Igualdade, LGTBI e Cooperación do Concello de Cabanas desenvolvemos o proxecto “Saúde e Benestar” co obxectivo de achegar información e sensibilizar sobre temas de saúde física, social e mental de mulleres e nenas.

O proxecto pretende dar unha perspectiva integral, feminista e comunitaria de alternativas para mellorar a calidade de vida das mulleres.

A través de esta invitación animámosvos a asistir con nós á Xornada “Saúde e benestar das mulleres” que terá lugar o próximo venres 5 de novembro ás 18:00 h coa finalidade de sensibilizar e poñer en valor ferramentas, experiencias e metodoloxías de traballo grupal dende unha perspectiva feminista.

As temáticas e persoas relatoras que acolleremos nesta Xornada son as seguintes:
“Violencias institucionais contra a saúde das mulleres (Lola Ferreiro Díaz)
“Como construir botrato en tempos de crise” (Tareixa Ledo Regal)
“Mulleres, apoderamento e historia” (Olga Romasanta Iglesias)

O encontro terá lugar no Salón de Actos do concello de Cabanas e pode
inscribirse no teléfono 687 14 37 71 ou igualdade@cabanas.gal

Curso Básico de Facilitación de Grupos

A través de María chéganos esta convocatoria ao “Curso básico de facilitación de grupos. Ferramentas e habilidades para a xesión de colectivos“, que vai pola súa VIII edición na Galiza. É un curso que organiza a cooperativa Rexenerando, un equipo interdisciplinar que desenvolven proxectos arredor de tres eixos de traballo: igualdade de xénero, participación social e cultura.

Dámoslles a palabra:

“Desde Rexenerando comprácenos contarche que en outubro volve o Curso Básico de Facilitación de Grupos do IIFAC-e ás nosas terras. Trátase dunha formación que busca contribuír a un cambio de paradigma nas relacións humanas, para coñecer e integrar na nosa práctica diaria a revolución que supón aprender a traballar en colectivo. Está dirixida a persoas que traballan con grupos ou teñen interese en aprender máis sobre ferramentas, habilidades e metodoloxías neste eido.

O curso desenvólvese de outubro de 2021 a maio de 2022, en módulos mensuais de fin de semana. Celébrase de maneira presencial en Santiago de Compostela, e ten un custe de 950 €. Está homologado polo IIFAC-e, e pode ser bonificado.

No dossier anexo podes consultar toda a información, incluíndo o calendario e programación dos módulos. Podes seguir tamén as novas do curso na nosa web e redes sociais.

Se tes interese en matricularte, escríbenos a info@rexenerando.com para que che facilitemos o formulario de inscrición e che deamos as instrucións para facer o pagamento da reserva de praza. Ten en conta que as inscricións que se realicen antes do 31 de xullo terán un desconto do 5% (50 €) na matrícula. “

Ben, pois unha oferta de interese na nosa terra…

Corpos enfermos. A enfermidade como lugar de poder e enfermidade – Obradoiro

A nosa amiga Meri fai esta convocatoria tan orixinal como necesaria: “Corpos enfermos. A enfermidade como lugar de poder e enfermidade”. Síntome honrada de poder divulgala, co desexo de que vos aproveite a moitas/os de vós…

Ela mesma a presenta así: “Este taller pretende ser un espacio donde poder traernos desde nuestros cuerpos enfermos para colocar en el centro las vivencias que nos atraviesan como personas que transitamos la(s) enfermedad(es). Un lugar que generalmente no es acogido por nuestra sociedad.
El objetivo de este espacio es poder generar un lugar de encuentro donde abordar las dificultades, retos y aprendizajes que la enfermedad trae consigo. Explorar cómo a un nivel el hecho de estar enfermas nos desempodera pero cómo también, a otros niveles, podemos encontrar un potencial profundo a través de la vulnerabilidad.

Será un taller teórico-vivencial en el que, desde la mirada de trabajo de procesos, conectaremos con nuestro sueño de vida y con los retos para llevarlo adelante. Traeremos consciencia de las desigualdades de rango y del privilegio capacitista para con los cuerpos enfermos. Y reconectaremos con nuestros aliados internos como fuentes de poder”.

Se queres saber máis ou se queres apuntarte, podes entrar aquí.

Sen coidados non hai vida… Celebrando o 8 de marzo 2021…

Mañá concentrarémonos moitas mulleres en todo o país, en todo o planeta… Velaquí o Manifesto que Galegas 8M sacamos este ano… Para lelo fai clic aquí

Un ano máis: a facer folga, a saír ás rúas para reivindicar a centralidade dos coidados para a vida… Se queres saber onde vai haber concentracións e manifestacións (todas elas coas medidas de seguridade para o noso coidado e das demais compañeiras), mira neste mapa.