Arquivo por meses: Setembro 2015

Obradoiro de Relacións afectivas e vínculos amorosos en Compostela

A creatividade segue en ebullición…

Agora mándoche esta invitación para o obradoiro de Relacións afectivas e vínculos amorosos que comeza en Compostela en outubro.

Vai ser un espazo para ver como me coloco nas miñas relacións afectivas… Como constrúo as relacións coa miña nai ou meu pai,  coa/s miñas parella/s, coas fillas e fillos, coas amigas e amigos… Constrúo relacións que me fan ben e me nutren? Ou constrúo vínculos que me desgastan e me sacan enerxías?

Vai ser un obradoiro no que traballaremos cuestións como o amor, a sedución e o namoramento, os procesos amorosos e os modelos de relación, os guións de vida, a fusión e a separación, o espazo persoal e o espazo compartido, o negociable e o inegociable, os procesos de desamor, as rupturas e as despedidas, a creatividade e os proxectos amorosos.

E miraremos sobre todo como construír relacións saudables e equitativas, relacións de bo trato para a nosa vida.

Por suposto, podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres que poidan estar interesadas… Amigas, irmás, tías, madriñas, nais ou fillas, parellas, colegas, veciñas…

O prazo para apuntarse é o mércores 30 de setembro. Coma sempre, as prazas van ser limitadas.

Convocatoria 1

Una novidade no noso blog: “Xornadas de interese”

Unha novidade no noso blog…

A partir de agora e na medida das nosas posibilidades, imos ir colgando información de convocatorias diversas baixo a categoría Xornadas de interese: xornadas, encontros, actos e demais actividades…

Iso si, sempre que sexa afín á filosofía do blog (bo trato, perspectiva de xénero…) e que enviedes a información ao correo obradoirosdoreencontro@gmail.com

Unha apertiña.

   Tareixa.

Autocoñecemento para o cambio – Escuela Yoga Ganesha – Vigo

Un tempo para parar, para conectar co noso corpo e escoitarnos, para ver que non me gusta da miña vida e transformalo…

Un espazo para aprender a vivir desde o bo trato, para sentirme ben na miña pel e dona da miña vida… Feliz e en paz coa miña vida.

Interésanos ter ferramentas para previr a enfermidade e vivir con saúde, é dicir felices…

Será no obradoiro de Autocoñecemento para o cambio, na Escuela de Yoga Ganesha de Vigo: todos os martes, do 06 de outubro ao 22 de decembro, en horario de 18h30 a 21h30.

Se queres apuntarte… antes do mércores 30 de setembro!

Por suposto, podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres da túa vida que poidan estar interesadas… amigas, irmás, fillas, tías, nais, colegas, veciñas…

  01.Convocatoria - AutoC. - Vigo